Morgana. A bruxa. A fada. Só unha condeada máis pola historia, a historia escrita sempre polos gañadores. A que quixo ser lirio e pasou por puta, coma Pia, coma Lucrecia, coma tantas outras. A sacerdotisa da illa sagrada, a que adicou a súa vida a loitar pola tradición que morría, pola súa cultura, polo seu pobo, e pasou a historia coma exemplo do mal, do vicio, da escuridade e a perdición. O mal exemplo posto por aqueles que mataron á súa Deusa, e a desterraron a unha lembranza de mentiras.
Morgana agarda agora na súa Illa, perdida no esquecemento, á espera de que alguen lembre a súa verdade, á espera dunha nova primaveira que adorne de flores o seu cabelo, á espera de que a brétema volva abrirse
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
E con Morgana, Morrigan, a Grande Raiña, Mor, a Moura eterna que habita as fontes ocultas da Gallaecia...
A mesma. Morrigan era a outra alternativa que barallei á hora de facer o blog. Debilidade pola cultura atlántica, que se lle vai facer...
Un saúdo
Publicar un comentario