12/3/09
A ¿amizade?
Non o entendo. Non te entendo. Por máis que o intente, non son capaz. Non son capaz de entender que por cada paso adiante das dous atrás. Non alcanzo a comprender por que cando as cousas parecen ir ben decides afastarte de novo. Estiven cando ninguén máis o fixo, e apartáchesme. Perdoeiche cando dubido que o mereceras. E agora apártasme novamente por aqueles que un día che deron as costas. Pensas que seguirei aquí, agardando que a lúa cambie novamente? Tal vez. Ou tal vez esta vez non me atopes.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Ás veces as persoas somos estrañas. É posible que ese amigo/a sexa estraño por natureza. Eu era así hai oito anos. Hoxe non. Hoxe decidín mirarlle aos ollos á vida e botarlle peito.
Fálalle as cousas e dille o que pensas. E actúa en consecuencia.
Un bico!
Quizais esta sexa a miña maneira de dicirlle o que penso. Agora só me falta o valor para facer que esta dirección chegue a quen ten que chegar...
Gracias polo teu consello.
Un bico
Publicar un comentario