Din que unha renovación interior comeza por unha renovación exterior. No último ano cambiei moitas veces a miña imaxe exterior, mais non fun quen de cambiar o que levaba dentro. Non, non ten nada que ver. Os cambios veñen sen máis, sen buscalos. É a propia vida quen nos empuxa a cambiar. E un día, sen máis, atópaste facendo equilibrios entre quen eras e quen quixeras ser, sen rede e sen medo. Non che importa caer, non che importa cambiar, non che importa deixar algo de ti atrás.
Se a vida me empuxa, voarei. Se me da as costas, tocareille o cu.
Non serei máis a princesiña e baixa a vista e sorrí. Agora só quero erguer a cabeza, mirar á vida aos ollos e rir. Por que non? Xa me cansei de chorar e esperar.
Non borrarei as vellas entradas do blogue. Tampouco o pecharei para volver comezar. Non, sería hipócrita facelo. Non teño medo de mirar atrás. Non quero negar o que deixo ás miñas costas. É parte de min.
Recomezamos, pois.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Gustoume iso de se che vira as costas, tócaslle o cu!
Pois si. A vida é a que che fai cambiar. De feito, aínda que non fagas nada, cambias por collóns. Porque o cambio sempre é constante. Eu hoxe non son o mesmo ca hai seis ou sete anos. Ese tempo bótoo de menos porque o pasei moi ben, pero agora estou noutra época, noutra situación. Non é mellor nin peor. Simplemente diferente. O máis importante é ter as ideas ben organizadas e crer nun mesmo. O resto vén só.
Un bico!
P.D.: Quero ver unha imaxe da última transformación túa!
Ás veces resistímonos a cambiar por medo ao que perdemos no camiño. Pero afortunadamente, ás veces importa máis o que acadamos que o que deixamos atrás.
Gracias por pasarte.
Un bico
P.S: Ui, unha foto miña significaría cambiar ese precioso fotograma de Las Brumas de Ávalon que teño no perfil, jeje. Non sei, non sei... quizais algún día dea a cara, pero non agora...
Publicar un comentario