26/2/09

A Resignación

Sempre me pasa o mesmo. E parece que non aprendo. Será a lei de Murphy, serei eu que non son capaz de conformarme co que teño... Pero, ao final, o único que conta é que por cada ilusión levo unha decepción. E o grao de decepción sempre é invariablemente proporcional a suma do grao de ilusión que puxera no evento de turno e o tempo invertido en preparalo.

Unha noite máis, tocará resignarse e aceptar as frangulliñas do que xa non será.

1 comentario:

Moncho Pais dijo...

Non te desanimes. Que che pasou?

A min pásame o mesmo a miúdo.

Unha aperta