7/5/09

Muller

Son unha muller. Ás veces caprichosa e inestable, ás veces fráxil e inocente, ás veces unha romántica sen remedio. Choro por nada, sempre e cando ninguén me vexa e gústame que me abracen e me traten con cariño, aínda que non o recoñeza. Sorrío por todo, aínda que nunca saberás que se esconde detrás do meu sorriso.

Son unha muller. Ás veces forte e decidida, ás veces unha "chica dura" e loitadora, ás veces un pouco borde de máis. Non me gusta que ninguén me vexa chorar, disfrázome de indiferenza e nunca deixaría de loitar por aquilo que me importa.

Son unha muller. Tímida e atrevida, fráxil e forte, cariñosa e borde. Un toxo en flor. Unha rosa con espiñas. Lume no xeo, que diría a canción, coma o sol morrente no seu salgado leito para máis tarde renacer en todo o seu esplendor.

Son unha muller. Non me gustan os tópicos. Non quero ser unha nena choromica por non ser quen de aplacar os meus sentimentos. Non quero ser menos feminina por non pasar o día expresandoos.

Son unha muller. Non intentes entenderme. Só aprende a quererme.

No hay comentarios: