17/5/09

A nosa voz


Eu fáloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
(Celso Emilio Ferreiro)


...E alí estabamos, coa patria no mirar e unha leda cantiga nos beizos.

Unha cantiga de ar en beizos de terra.

Unha cantiga que soaba a sal, a néboa, a tempo...

Unha cantiga aprendida pola choiva nas escuras noites de trebón.

Unha cantiga nosa, na voz dos séculos.


E voltaremos. Por mil primaveras máis...

No hay comentarios: