8/4/09

Doce días

Sentada no bar de sempre, coas amigas de sempre, lembrando as mesmas anécdotas de sempre.

De camiño á casa, no incómodo autobus de sempre, non podo evitar ceibar un involuntario sorriso. Por que acabamos caendo sempre na mesma conversa? Por que nos pasamos 353 días ao ano lembrando esos 12 días de vran?

Lembro esos doce días. Doce días coas súas noites.

Días de praia e sol. Días de azuis e area. Días de catapultas, castillos e pirámides. Días de fotos, moitas fotos, e moito "postureo". Días de catapultas e avións. Días de colchonetas e barcos de chanquete. Días de pedras e postas de sol...

Noites de confidencias, paseos e bicos furtivos. Noites de columpios, xogos no parque e moitas risas. Noites de dardos, cartas e Trivial. Noites de Utopía(s) e piratas. Noites de mar, portos e faros. Noites de fotos, moitas fotos, de tarimas e bailes. Noites de calor e brisa...

Doce días coas súas noites. Doce días coas súas risas e algunha bágoa. Doce días sen durmir, escoitando sempre as mesmas catro cancións, pelexando polas duchas, por un sitio no espello, polo último anaco de tarta. Doce días cos seus mosquitos, croquetas, e algún amago de insolación.

Doce días que non cambio por nada. Doce días que lembrar durante todo o ano. Doce días para ter algo que agardar...

Doce días que compartir con vós.

...aínda que, antes ou despois, todo se acabe...

5 comentarios:

Moncho Pais dijo...

Como ben dis, son doce días imprescindibles, mais non os únicos. Ao longo do ano hai días que teñen pequenos intres que nos fan felices e os lembramos. Pequenas anécdotas ou detalles, sorpresas ou ilusións que van formando ao longo da vida todo un corpus espiritual.

Eses doce días eu pásoos bárbaro. Pero tamén lembro aquel café co meu amigo o Boludo, aquel atardecer ao saír de traballar, aquel fin de semana que fun a Viana do Bolo...

M* dijo...

Claro que non son os únicos, e claro que disfruto esas tardes no bar de sempre coa xente de sempre, os descansos entre clase e clase correndo polos pasillos, as horas mortas na cafetería facendo plan que ao final non creo que se leven a cabo...

Pero esos doce día son a fuxida do mundo real. Un universo lonxe de todo o teu mundo cotiá, un universo absurdo e surrealista no que as cousas máis raras se fan realidade, no que deixar de ser ti mesma e esquecer todo por uns días.

Ai, canto me tardan e que pouco me duran!!

Moncho Pais dijo...

Imos doce días por aí? Hehehe

Un bico.

Little Grasshopper dijo...

12 días que desde hace 7 años hace que el verano tenga un significado nuevo.
Porque voy a patentar la catapulta como deporte nacional... ^^

M* dijo...

E deixar a alguén vivo para poder disfrutar do vran? Que xa sabemos que se che da moi ben o de sacarte fotos a ti mesma, pero perde chiste a cousa, oe...

E ti non avises de que fixeches un blog, eh!

Hai que ir metendo máis xente nesto que me empeza a aburrir que o contador de visitas só suba cando entro eu :(