skip to main |
skip to sidebar
O equilibrio
Manténdome nun constante equilibro. Entre o que fun e o que serei, o que sentín e o que sentirei. Entre a razón e o desequilibrio, a serenidade e o pánico. Sempre na corda floxa. Ás veces avanzando con piso firme, as veces dando bandazos, pero sempre adiante
2 comentarios:
Camiñamos por unhas lastras da beirarrúa cruzando os pés e póndoos dereitos cos brazos estirados facendo equilibrio.
Á fin, todo é un xogo.
É importante ver a vida dende os ollos dun neno, fainos a todos un pouco máis felices.
Por que crecer se podemos xogar?
Publicar un comentario