25/4/09

25 abril

Xoguemos a ser idealistas:

Podemos cambiar as balas por caraveis.

Podemos adornar as rúas de vermello.

Podemos loitar con flores e non con odio.

Podemos entoar todos xuntos unha canción.












Ah! Que xa pasou? Pois logo non será tan difícil de facer, non?

18/4/09

Las Brumas de Ávalon

"La niebla asciende despacio desde el río que se estremece como un trozo de seda plateada, como un vestido de noche que arrugamos y extendemos con suavidad antes de colocarlo de nuevo en su lugar...

La niebla se extiende por los paramos de Avalon, mientras toma consistencia en los viejos robles, acaricia a las encinas, hace nido en las ramas mas bajas de los abetos...

Los estandartes están meciendose al viento y en el bosque se oye el oscuro grito de un búho que rompe con su canto el silencio de la noche.

Morgana en su torre.... La Reina de las Brujas es ahora una mujer que se desprende de su coraza pero no de su magia porque la magia es inherente a ella. Porque no existía nadie como Morgana ni nunca volverá a existir. Porque incluso en su derrota ella forja una leyenda que nunca morirá.

Algunas mujeres no pueden ceder ante la cobardía, no soportan la injusticia y sienten sus agravios y los de sus seres queridos de tal forma que, arropadas en su orgullo y en la firmeza de su carácter, plantan cara y toman armas contra quien les arrebata lo que es suyo.

Si la historia de Arturo fuera contada desde el punto de vista de la Princesa Morgana, ¿cómo seria ese relato?

Creo en la justicia y creo en la magia. Creo en ti Morgana"


Las Brumas de Ávalon
- Marion Zimmer Bradley -


[Hoxe, ás 22:45 en tve]

17/4/09

O equilibrio

Manténdome nun constante equilibro. Entre o que fun e o que serei, o que sentín e o que sentirei. Entre a razón e o desequilibrio, a serenidade e o pánico. Sempre na corda floxa. Ás veces avanzando con piso firme, as veces dando bandazos, pero sempre adiante

15/4/09

O que imos perdendo

A outra noite soñei que o mundo ía rachar, e meus pais apuránbanme para que fixera as maletas e fuxir lonxe, a calquera outro lugar. Primeiro collín algunha roupa, algunhas xoias con valor sentimental... esas cousas... pero de repente deime conta de que nunca voltaría a miña casa, de que nunca voltaría a ver todo o que deixaba atrás. Busquei entre os bonecos que algunha vez adornaran a miña habitación aqueles que máis significaban para min. Busquei entre os meus xoguetes de cando era nena aqueles que máis quixen. Busquei entre as miñas lembranzas, busquei e seguín buscando ata darme conta de que non podía deixar atrás todo canto significou algo para min, todo canto me fixo ser quen son. E quedei alí, abrazando o meu peluche preferido entre bágoas. E espertei. Mirei cara a estantería e alí estaba o coelliño de peluche que tantas noites velara os meus soños de nena. Estirei o brazo, collino, e deixei que me arrolara unha noite máis.

8/4/09

Doce días

Sentada no bar de sempre, coas amigas de sempre, lembrando as mesmas anécdotas de sempre.

De camiño á casa, no incómodo autobus de sempre, non podo evitar ceibar un involuntario sorriso. Por que acabamos caendo sempre na mesma conversa? Por que nos pasamos 353 días ao ano lembrando esos 12 días de vran?

Lembro esos doce días. Doce días coas súas noites.

Días de praia e sol. Días de azuis e area. Días de catapultas, castillos e pirámides. Días de fotos, moitas fotos, e moito "postureo". Días de catapultas e avións. Días de colchonetas e barcos de chanquete. Días de pedras e postas de sol...

Noites de confidencias, paseos e bicos furtivos. Noites de columpios, xogos no parque e moitas risas. Noites de dardos, cartas e Trivial. Noites de Utopía(s) e piratas. Noites de mar, portos e faros. Noites de fotos, moitas fotos, de tarimas e bailes. Noites de calor e brisa...

Doce días coas súas noites. Doce días coas súas risas e algunha bágoa. Doce días sen durmir, escoitando sempre as mesmas catro cancións, pelexando polas duchas, por un sitio no espello, polo último anaco de tarta. Doce días cos seus mosquitos, croquetas, e algún amago de insolación.

Doce días que non cambio por nada. Doce días que lembrar durante todo o ano. Doce días para ter algo que agardar...

Doce días que compartir con vós.

...aínda que, antes ou despois, todo se acabe...