2/7/09

Descontando (2 de xullo)

Descontando días.

catorce... (como a espera)

trece... (como un bico)

doce... (coma as galletas de chocolate)

once... (érase unha vez)

ufff...

Moito que descontar aínda. Moito que vivir.

Pero mataremos os calendarios de folla perenne,
voaremos sobre o tempo,
e afogaremos bágoas de salitre azul entre acordes nocturnos.

E a revolución chegará a tempo.

1 comentario:

Little Grasshopper dijo...

Non descontes días de mais non vaia a ser que te perdas un bo día da tua vida =)
Un mua!