Nervios. Tristeza. Esta última noite na miña camiña sempre me arroupa a tristeza.
E as bagoas sempre acoden no momento de pechar a porta e ver os tres pares de olliños de negro acibeche e aceso ámbar que deixo tras dela.

Pero cando o marcador se pon a cero, agroma o lume agochado no fondo do peito por meses de tinta e papeis. Chegou (case) a hora.
E temos moitos segredos que compartir coa antiga pedra desa casa que veu medrar unha vila enteira.
Algún día, serán esas pareden quen nos conten a nós os seus segredos. E nós, insignificantes puntos no tempo, esmoreceremos ante a súa grandeza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario