Din que unha renovación interior comeza por unha renovación exterior. No último ano cambiei moitas veces a miña imaxe exterior, mais non fun quen de cambiar o que levaba dentro. Non, non ten nada que ver. Os cambios veñen sen máis, sen buscalos. É a propia vida quen nos empuxa a cambiar. E un día, sen máis, atópaste facendo equilibrios entre quen eras e quen quixeras ser, sen rede e sen medo. Non che importa caer, non che importa cambiar, non che importa deixar algo de ti atrás.
Se a vida me empuxa, voarei. Se me da as costas, tocareille o cu.
Non serei máis a princesiña e baixa a vista e sorrí. Agora só quero erguer a cabeza, mirar á vida aos ollos e rir. Por que non? Xa me cansei de chorar e esperar.
Non borrarei as vellas entradas do blogue. Tampouco o pecharei para volver comezar. Non, sería hipócrita facelo. Non teño medo de mirar atrás. Non quero negar o que deixo ás miñas costas. É parte de min.
Recomezamos, pois.
28/3/09
27/3/09
17/3/09
O esquecemento
Hoxe case non pensei en ti. Non, hoxe non. Nin onte. Estás aí, sempre, dalgunha maneira, pero agora só quero pensar en min. Ti eras a calma, a paz. Os teus brazos, refuxio. A túa lembranza, fuxida.
Agora quero voar. Non quero ser máis unha nena asustada buscando a túa mirada entre a xente, buscando refuxiarme en ti. Hoxe quero soltar a man que fai moito deixou de sosterme. Quero berrar, loitar, voar... voar lonxe, sen ás que me aten a ti. Ser faro, e non barco perdido no trebón. Hoxe, por primeira vez, quero querer esquecerte.
16/03/09
Agora quero voar. Non quero ser máis unha nena asustada buscando a túa mirada entre a xente, buscando refuxiarme en ti. Hoxe quero soltar a man que fai moito deixou de sosterme. Quero berrar, loitar, voar... voar lonxe, sen ás que me aten a ti. Ser faro, e non barco perdido no trebón. Hoxe, por primeira vez, quero querer esquecerte.
16/03/09
12/3/09
A ¿amizade?
Non o entendo. Non te entendo. Por máis que o intente, non son capaz. Non son capaz de entender que por cada paso adiante das dous atrás. Non alcanzo a comprender por que cando as cousas parecen ir ben decides afastarte de novo. Estiven cando ninguén máis o fixo, e apartáchesme. Perdoeiche cando dubido que o mereceras. E agora apártasme novamente por aqueles que un día che deron as costas. Pensas que seguirei aquí, agardando que a lúa cambie novamente? Tal vez. Ou tal vez esta vez non me atopes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)