19/1/10

Estudante II

Outra vez aquí sentada. Un efímero raio áureo descorreu aquela mollada cortina da ventá, como unha promesa.

Agora hai menos tinta, menos versos, e ata o calor é artificial.

Desta volta, os guerreiros durmen mentres reis sen rostro ocupan o seu lugar, baixo o aínda atento mirar de Audrey.

Esta vez, o metracrilato non chegaría, e os espellos son pequenas pozas de mercurio que non abondan para navegar.

Hoxe todo sigue igual. E porén tan distinto...

No hay comentarios: