Chovía. A lúa estaba especialmente fermosa en Fonforrón. E no Bahía soaba isto:
29/1/10
19/1/10
Estudante II
Outra vez aquí sentada. Un efímero raio áureo descorreu aquela mollada cortina da ventá, como unha promesa.
Agora hai menos tinta, menos versos, e ata o calor é artificial.
Desta volta, os guerreiros durmen mentres reis sen rostro ocupan o seu lugar, baixo o aínda atento mirar de Audrey.
Esta vez, o metracrilato non chegaría, e os espellos son pequenas pozas de mercurio que non abondan para navegar.
Hoxe todo sigue igual. E porén tan distinto...

Suscribirse a:
Entradas (Atom)