O xénero humano nunca deixará de sorprenderme. Non sei se é que son demasiado boa, tonta, ou que vivo nunha burbulla tapizada por simplistas historias de Hollywood que me teñen atontada. O certo é que eu, na miña inocencia habitual (porque insistir en que son tonta igual queda feo) sigo confiando na bondade das persoas. Si, definitivamente, debe ser que son tonta.
E unha mañá érgueste da cama, e ao virar unha esquina, o máis estúpido e fortuíto dos sucesos convértese en poderoso elemento revelador que che amosa a máis prondunda das evidencias: eres tonta.
Si, así como soa. Tonta.
E de tonta que eres, vólveste inocente (non ao revés, que sería tenro, non). E así non queres ver o que hai ao teu arredor ata que o estúpido e fortuíto suceso da esquina che demostra a evidencia. Entón, ademais de ver que es tonta, tamén ves que a xente non é tan boa, que ti non eres tan intuítiva, que os amigos non sempre son o que nós consideramos amigos.
E mentres sacas un por un todos os coitelos que che clavaron aqueles nos que un día, na túa inocencia, confiaches, só podes pensar no tonta que es, porque despois de todo, sigues sen ser capaz de imaxinar tanta maldade.
Será que, despois de todo, non podes evitar confiar na bondade da xente. Eres así de tonta.
Será que, despois de todo, non eres tan boa catando ás persoas. Eres así de tonta.
Será que, despois de todo, si eres realmente tonta. Aínda que quede feo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
tontiña, piensa en esas personas que estamos aqui,y que hacemos que no seas como tu dices, tonta :)
Se te quiere bicha!^^
Publicar un comentario