Temos unha lingua. É un feito. Tan claro coma unha mañanciña de agosto.
Temos unha lingua. Unha lingua na que soñar, na que namorar, na que vibrar. Unha lingua na que rir, na que vivir. Unha lingua que latexa nas nosas sen, que enche os nosos peitos e sae polas nosas gorxas para uninos aos nosos irmáns, para deixar de ser eu e comezar a ser nós.
Temos unha lingua. Unha lingua que sobreviveu ao máis escuro, e chegou ata nós, como vencello intemporal cos nosos antergos. Unha lingua na que arrolar aos nosos nenos, coma un día nos arrolaron a nós.
Temos unha lingua. E queremos vivir nela.
Porque os meniños rebuldeiros, seguimos a falar a lingua nai
No hay comentarios:
Publicar un comentario