23/9/09

Bibliotequeando (de novo)

E aquí estamos de novo. A pouco máis dunha semana de empezar o curso, e atrapada nesta biblioteca, hoxe un pouco máis alegre, de novo. Esta vez por vontade propia. Esta vez porque si.

Non teño a máis remota idea do que será de min nos próximos meses. Non quero saber cal vai ser o meu futuro a longo prazo. Impórtame este momento. Non quero perder máis intres imaxinando, agardando... só quero vivir o que teño. E disfrutar co meu traballo, é un primeiro paso moi importante. Non si?

13/9/09

Dor

laio

Agora só me doe que xa non me doia(s).

10/9/09

Carmelo (e II)



E a festa continúa (sempre adiante). E eu escoito dende a miña escura habitación. Mañá será outro día, e hoxe só unha lembranza convertida en espera.

Que alguén me lembre por quá me gustaba tanto a vida de estudante, por favor!

9/9/09

Carmelo (I)



Pídolle a Virxe do Carmen
que a temos en Ameneiro
pra que os de Calo tamén sepan
repinica-lo pandeiro
tocar a gaita tamén
para cando chegue o seu día
ir de romería e pasalo ben.
Atravesando cortiñas, montiños
veigas e prados
de vós xa nos despedimos
ata o ano que ven
porque nos poden pegar
que pola tardiña baixiña
a nosa casiña
temos que chegar.

(Anónimo)

1/9/09

Os que xa non teño

Un ano máis. Un día como outro calquera.

Tiven un profesor, un bo profesor, que adoitaba dicirnos: "vostedes sempre din que teñen tantos anos, pero eses non son os que teñen, senón os que xa non teñen"

E neste martes coma outro calquera, a esta precisa hora, consúmase o inevitable feito de que 22 son os que xa non teño. E iso, fai esta hora calquera, deste martes calquera, un momento que xa nunca máis voltarei a vivir, e por iso mesmo, único.