30/8/09

Míticas (Son09)

- Hicieron versiones de canciones al estilo de lo que venía siendo... eso.
[Rosa, futura mestra dando leccións de como explicarse]

- Voy a ser un tenedor
[Vale, Miri, eu deixoche ser o que queiras mentres non me pinches]

- Dónde es Fonforrón?
- Miriam, non sabes onde é Fonforrón??!!
- Si. Dónde es Fonforrón?
[Outra futura profe ensinando unha importante lección: o importante non é o que saibas, senón o que fagas crer que sabes -e se cola, cola-]

- Yo tengo MotoGP de coches! Ah, no... entonces no es MotoGP...
[Judy, unha futura profe máis que afortunadamente non se meteu a monitora de autoescola]

- Eso estaba aí pola mañá? [unha servidora]
- Por la mañana no, pero el otro día no.
[Aí, aí, Rosa... quedounos claro que con ver un par de capítulos de Doctor Who abondou para que nunca viras a dimensión temporal da mesma maneira, será por aquilo do Wibbly-Wobbly-Timey-Wimey]

- [un rato] ...lo encontré en el vestidor con mi ropa!
[Rosa, non mintas, que todos sabemos que era un rato nudista]

- Fala bien! - Dis tui!
[Modo moderadora on/: E agora, señoras e señores, procederemos ao debate sobre a nova proposta bilingüista da mestra Rosa Pulleiro. Por favor, señora Lago, conteña as bágoas para que todos poidamos continuar...]

- ...como le salía de la gana...
[Eu compréndote Rosa, cada un é moi libre de que lle saia o que lle dea a gana de onde lle dea a gana]

- Rosa, tu eres tonta, y el unto?
[Adrián, alegrámonos moito de que te procupes pola sopa ás tantas da mañá cando xa levamos un cacho na cama. Está claro que a culpa sempre é de Rosa]

- Después de haberse dado un moratón
[A Rosa os moratóns danllos de regalo nas caixas de cereais para que non os teña que facer ela mesma]

- Como querrais
[A Rosa encántanlle as vibrantes. Son moito máis majas que as golpeadas, está claro!]

- Judía no se comió la Miriam
[Claro, porque Miriam era un tenedor e pinchouna! -a frase é de Rosa, claro-]

- Y tenemos que comer las judías así, sin pelar? [Paula]
- E lo' como queres comelas? Que lle queres pelar? [Christian] [Hai que recoñecelo: os enanos este ano deron moito xogo]

- Di tui que a veces no me sale de la gana subir bien

[Miri-puteo directo a la yugular de Rosa]

- Eso es depende
[A profe Rosa retoma a súa lección maxistral sobre como expresarse]

- Te tiro un armario
- A que lle chamas ti armario

- A eso [sinalando unha mesa de noite]
- E a aquelo? [sinalando o armario]
- Armario empotrado!
[Hai que entender ao rapaz. Na época de Adri, Barrio Sésamo fora substituído polos Teletubbies, que como todos sabemos, non tiñan mobles!]

- Como es el truco de la vida?
[Rosa, armada coa psp]
- Arriba-abajo-izquiera-derecha-círculo-círculo-ele-erre [Andrea, sen levantar a cabeza]
- :O [Miriam e eu - mentras Rosa e Adri nin se inmutan -]
[Alguén máis, ademais de Miri e eu, ve esta conversa como algo NON-NORMAL no medio da noite?]

- Jooooo... no tiene risa, pero me empecé a reir yo solo

[Siiii, Adri, si... nós entendémoste... -canto mal fixeron os teletubbies, por dios!-]

- Son a única que a estas horas
[3:30 A.M.] nota que a sopa é unha cea moi lixeira? [eu]
- Que dice? [Adri]
- Que tiene hambre [Rosa]
[Que faría eu sen a miña subtituladora de cabeceira?]

- Alguien me da agua, por favor?
[Ivis, tono repipi]
- Puedes coger un vaso por favoooooor? [Miriam, cos ollos en blanco e tono repipi-borde] [Se cando eu digo que os enanos este ano deron moito xogo... Ains, como se nota de quen aprendeu Miriam]

- María hazme caso A MI... A MI... A MI... Que estaba diciendo?

[Esa Iria!! Eu fágoche caso ao que queiras muller!!]

- María, te hago un masaje? Así hago cachas!

[Ejem, ejem... non é o que parece... é que a doctora Iria aprendeu a dar masaxes co mesmísimo mestre de Uma en Kill Bill]

- Mañana voy a comprar un troll lleno de patatas

[Iria ten outra versión sobre o que en realidade dixo, pero a realidade é que tod@s escoitamos troll]

- Que overbooking de cuchillos! Dejad que los cuchillos vengan a mi!

[Modo feirante on/:Y a continuación, señoras y señores, la increible doctora Iria, que en sus horas libres entre tacto rectal y encierro bibliotecario, se ofrece como ayudante de nuestro lanzador de cuchillos, cuchillos que luego reutiliza para diseccionar muertos en las prácticas, claro está]

- Demasiado pequeño para ser un niño. Fue un "pom", no un "po-rom-pom-pon-¡ay!"

[E que Arquímedes pasara á historia e Iria non coa súa teoría da diferencia da masa dun libro e dun neno...]

- Mª Elena, el queso está sangrando [Adri]
- Derreteuse?
- No, se le cayó el tomate encima.
[Nunca máis claro. Unha imaxe vale máis que mil palabras]


- Estos días salí en piernas
[Porque a Iria nas clases de anatomía explicáronlle que é recomendable levar sempre as pernas cando se sae da casa. Por iso nos paseaba fémures por riba das tapas no Tokio]

- Por que? Explota o algo de esas cosas que yo no sé y me pasan?
[Daría algo por lembrar de qué estaba falando Iria aquí...]

- Quien con juego fuega... [Judy]
- Meado se levanta! [Maru]
[Interesante reinterpretación posmodernista do refraneiro popular]

- Si, soy la Virgen María, quieres que te haga un hijo?
[Ou a min me contaron mal a historia, ou a Iria na facultade aínda non lle falaron de "abejas y florecillas"]

- Ir a un tupper
[Autor incógnito. Eu voto por Rosa]

- Has descubrido América
[Adri. Porque non só Rosa lle vai pegar todas as patadas ao dicionario]

- Vamos a buscarle es susconsciente
[Adri. E cando llo encontremos suscionámosllo, vale??]

- MV? Matrimono Visexual? [Adri]
- E como é eso? [eu]
- Dos bisexuales que se casan [Miri]
- No, dijo "matrimono"[Rosa]
- Ah! Pues dos monos que se casan! [Miri]
[Apoieimos todos xa os dereitos dos monos bisexuais!]

- Quieres una croqueta cruda?
[Non Rosa, non quero unha croqueta cruda. E tampouco unha SALCHICHA, que é o que tes pinchado no tenedor que me estás ofrencendo]

- Ala, pues a partir de ahora ya no voy a hablar más! [Miri, indignada]
- Vale [Rosa, indiferente]
- A ver... [Miri, incapaz de manter unha decisión durantes máis de tres segundos]

- Y un adjetivo metido ahí con fonética bisexual
[Adri á orla de filo! Yes we can!]

- Si, claro... me vas a llamar "Señora doctora de los... ehhh... Iria"
[A Vicecondesa do Vaso de Arriba, Iria, reorganizando as súas titulacións]

- [xogando a password] Animal + hormiga + anuncio + navidad + cartas = Ornitorrinco
[Rosa, o punto de partida sería: ti estás segura de que sabes o que é un ornitorrinco?]

- Ay! Que voy a estornudar y tengo muchas galletas en la boca!
["Señora doctora de los... Iria", deberías poñer o das galletas na porta da consulta]

- Ahora estoy despierta y con galletas en la mano, soy super-sexy, quieres lamerme?
[Ou esta... "Doctora Iria Bastón. Clientes famosos: el monstruo de las galletas"]

- Yo no sé quien es el de cuada
[Outro para a colección de letras fóra de sitio de Rosa. Cuada = cada -o que non axuda demasiado a comprender o resto do sentido-]


· Edito (recoñezo que faltaba unha):

-
Ben polo menos non encontrei nada morto dentro do saco [Eu]
- Por que o dis? [Rosa]
- Porque leva un ano sen abrirse e xa podería un mafioso meterme unha cabeza de cabalo dentro e non me daría por amenazada e cando viñera a matarme diríalle "¿ein?"[Eu]
[Mujer previsora vale por dos]

19/8/09

A ialba nunca virá...



A SEMENTE INMORTAL

Eles tiñan en outo o seu deseio
e luces centilantes, nobles metas,
ensoñacións ousadas e perfectas
sen odio, rencor, medo ou receio.

Seiturada foi a frol do seu anceio
polo ouvear feroz das metralletas
e quedaron estrados nas cunetas
cos ollos moi abertos baixo o ceio

Alcendeuse entón o odio incivil
-meus Díaz Baliño, Bóveda e Casal-
pra impoñer un terror escuro e vil

Decretouse a nada, a morte criminal
mais a semente agromuo forte e baril
porque o sangue inocente é inmortal

(Manuel María)

17/8/09

Galiza Mártir

"A miña morte servirá para acadar adeptos á causa galega. Un ben que aínda despois de morto, farei á nosa terra" (A.Bóveda)

Non enterran cadavres, enterran semente


"Nos moitos cimiterios de Galicia, durmen os derradeiros mártires da Libertade, en número incontable. A miña imaxinación veu unha fogueira en cada cimeterio, como outros tantos clamores de xusticia. Pero no de Pontevedra veu unha labarada que chegaba até o ceo. Era o lume do esprito de Bóveda que non figura na Santa Compaña dos inmortaes, porque non pertenece a Historia senon a Tradición en arume de lenda. Bóveda terá de ser nun mañán proisimo ou lonxano, a bandeira da nosa Redención"

(Castelao, "Sempre en Galiza")

12/8/09

Se eu fora...

Un mes: xuño, por ese terrible contraste entre a tensión dos exames, a emoción do San Xoan, e a beleza das postas de sol sen final
Un dia da semana: depende do que pase nel
Un momento do día: a noite
Un planeta: Venus, que disque as mulleres vimos del XD (ademais, loce moi fermoso a carón da lúa)
Un animal: por aí din que son un pouco ghata
Un moble: a camiña, claro
Unha bebida: crema de augardente
Un instrumento musical: gaita e violín
Unha fruta: mandarina
Unha canción: Pajarico (Celtas Cortos), e A Proa no Ceo (Astarot), entre outras que dependen do momento en que me atope
Unha materia: literatura, of course!
Unha parte do corpo: os ollos e/ou os beizos
Un obxecto: un colgante cun triskel que teño dende os oito anos e que me caracterizou durante moitos anos por non sair da casa sen el
Unha comida: a da miña nai ou da miña tía
Unha personaxe animada: Garfield!
Un número: dous e cinco
Un automóvil: Megane (o modelo clásico, o que teño, e o recén saído, o que quero)
Unha cidade: Santiago, polo pouco que ten de cidade
Unha dor: a de estómago, que é a miña cruz
Un mar: aquel no que o ceo se funde co mar e o sol afoga nas augas ao solpor, en xeral. E o que se ve entre a Sagrada e Fonforrón, en particular.
Un idioma: galego sempre
Unha flor: o azahar
Unha cor: azul coma a auga, laranxa coma o lume (e negro para vestir, claro!)
Un verbo: mmm....
Unha estación do ano: todas teñen algo especial, e todas acaban por cansar, pero teño especial debilidade polas noites de verán
Un libro: Cousas, Á lus do candil, dz ou o libro do esperma, Diosas y Hadas...
Un país: Eire
Un deporte: baile tradicional (e o que diga que non é un deporte está invitado a un ensaio)
Un filme: prácticamente calquera de Tim Burton ou Jean Pierre Jeunet (Amelie, Largo domingo de noviazgo, Delicatessen), Silencio Roto, Brokeback Mountain, Mucho Ruido y Pocas Nueces... uffff... demasiadas!
Unha marca: non gasto diso XD
Unha serie: Todas! XD Doctor Who, Torchwood, Queer As Folk, Los Hombres de Paco (nos seus bos tempos), Buffy, Angel, Friends... Agora mesmo, True Blood a muerte.
Unha web: mmmm... tuenti e facebook contan?
Un sabor: alternando entre doce e salgado segundo o momento
Un signo do zodiaco: Virgo, que mestura inocencia e auga
Un perfume: Sándalo (e para as ocasións, Miracle So Magic!)

4/8/09

Aburrimento

En que momento a miña vida se transformou nunha espiral sen saída na que só son capaz de comer, durmir e baixarme series de vampiros en descarga directa de maneira compulsiva? Definitivamente, agosto representa o mes do aburrimento infinito na miña vida.