1/2/10

Nostalxia

É fermoso verse rodeada de libros que viviron tanto. É fermoso verse novamente aquí, entre estos vellos papeis sen dono, herdeiros da historia. Son fermosas as lembranzas de outro tempo, das risas, as postas de sol, e as cortinas de chuvia nas tormentosas tardes de calor.

É tan fermoso como triste non sentirse hoxe así.

Día raro.

Para vós. Ou tal vez só para min. Para escoitar unha e outra vez en bucle. Para atar as bágoas. Ou para chamalas.